Baiuca: ” Non descarto no futuro poder publicar mais cancións en português”

Baiuca
Foto de Baiuca | Facebook
Baiuca é um projeto galego que mistura a música tradicional com sons mais contemporâneos. Acaba de publicar o seu primeiro tema em português, “Adélia”, em homenagem à cantareira do Vimioso, Adélia Garcia. O Interior do Avesso conversou um pouco com Alejandro Guillán, o nome verdadeiro de Baiuca. 

Explica-nos o que pretendes com o projeto “Baiuca” e o porquê do nome

 Principalmente é unha experiencia e un reto persoal. Misturar as músicas que están perto e que xiraron ó redor da miña vida. Pero ó conectar coa xente xurdiron en min outras inquietudes que poden enriquecer a cultura galega, como conseguir conectar á xente nova ca nosa tradición a través de novas propostas como a miña. Ademáis de recuperar e actualizar o cancioneiro e os nosos instrumentos tradicionais.

 Como surgiu a ideia de misturar música tradicional galega com música eletrónica e como foi o processo até chegar aqui?

 Xurdiu como unha necesidade vital de experimentar e ver si eu era capaz de facer esta conexión de dous mundos que se entenden moi ben, polo componente tribal e de ritual que xira en torno á tradición e que é algo que conecta moi ben con outro ritual como é o da música electrónica.

 Foi un proceso de proba e erro, de probar diferentes camiños ata atopar un punto no que eu me sentira cómodo, pero en certa medida cun montón de liñas de investigación abertas para poder seguir indagando no futuro. Penso que é un dos puntos que me motivan para seguir adiante coa mesma ou con máis ilusión día a día.

 Fala-nos um pouco dos álbuns e temas que já tens publicado

 Publiquei Solpor en 2018. Foi o meu primeiro LP e serviume como punto de partida para sentar as bases do que quería facer e ver que camiños podía explorar. Despóis, em 2019 publiquei Misturas, un ep no que remisturei algunhas cancións do primeiro disco do grupo galego Aliboria. E xa no 2020 publiquei un ep chamado Paisaxes no que conecto con 2 artistas de diferentes puntos da península, explorando a conexión co flamenco no tema Caravel e reinventado Fisterra que é un clásico da música galega. E xa recentemente acabo de publicar Adélia, o meu primeiro tema en português.

Já passaste por Portugal duas vezes, uma em 2019 e a mais recente em Guimarães. Qual foi a sensação?

 En Guimarães foi a terceira vez, a primeira acompañado da miña banda e foi unha noite moi especial. A primeira foi em Braga no Vira Pop e a segunda no Porto. As tres foron experiencias maravillosas. Gusto moito visitar sempre Portugal e espero poder voltar pronto cando todo mellore.

Recentemente realizaste um trabalho, o tema “Adélia”, em parceria com a dupla portuguesa Haêma, sobre a Adélia Garcia, a cantareira de Caçarelhos, de Bragança. O que te motivou?

 Coñecín ás Haêma por medio de Lucas, un veciño do meu pobo que estudou no conservatorio en Lisboa. Falamos de facer algo xuntos e buscamos cal podía ser a conexión que podía existir entre as nosas músicas e a tradición do norte de Portugal ten moito que ver ca de Galicia. Foi unha sorte poder coñecer a música de Adélia Garcia e poder homenaxeala a través de esta canción e porlle o seu nome.

Puiden ver todo o proxecto que realizou Tiago Pereira plasmando o traballo de Adélia e foi moi emocionante traballar na canción Vou o Restaurante.

Vais fazer ou gostarias de fazer mais trabalhos que envolvam a Lusofonia?

 Non descarto no futuro poder publicar mais cancións en português. É unha língua irmá do galego e que ademais adoro a súa sonoridade para poder facer música. Adélia foi un soño que eu tiña de poder facer música em português e oxalá poida facer máis.

O que achas que é necessário para uma maior aproximação entre Portugal e Galiza?

 É precioso ter unha maior conexión cultural porque hai similitudes pero moitas veces non atopamos esa interacción necesaria. Ter mais intercambio de bandas e artistas tocando a ámbolos lados da raia e unir mais os dous territórios. Pra min Portugal é um lugar onde eu quero chegar ca miña música e creo que debería poder ser o obxectivo de moitos outros artistas galegos, igual que á inversa, porque sempre que toco ahí desfruto e noto que o público se pode identificar co que eu fago.

Que artista ou banda destacarias em Portugal?

 Hai moitos proxectos dos que gosto moito mais onde atopo mais conexión co que eu podo facer é con Branko, Ohxalá, Pedro, Dj Nigga Fox, Dj Firmeza ou Nidia.

É maravilloso ver a cantidade de propostas e de productores que hai agora mesmo facendo música en Portugal e é unha das escenas que mais escoito agora mesmo na casa.

Deixe um comentário

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *

Related Posts
Skip to content